21.
enmárcome antrestes catro penedos
fortíns que gardan os séculos
e non penetrará no val o desexo
mentres os marcos non se movan
unha cama feita de poliespán branco
dentes de león e osiños de paxaro
que non voou por me dar descanso
chegará co mar
e non antes
o desexo ao val
25.
aproxímome ao río e a humidade
concéntrase e faise corpo
toda a brétema navega arredor
destas rótulas salgadas
no fondo do val unha furna
que paire as raposas e as rulas
aproxímome ao río humillado
cos xeonllos que renxen
ata que caen da mochila os nomes
a luz chega aquí só na derradeira hora da tarde
cando o cemiterio e as mámoas alongan as gadoupas sobre as casas
ule ao caldo e á herba que xa só chama mexo de can miña avoa
no fondo do val un coitelo
de auga que corre que con medo