debaixo dalgunha pedra do val
un aniversario
debaixo de cada pedra do val
o prescriptivismo do dicionario
dabaixo de cada pedra do val
a superficie do seu triángulo
un aniversario
debaixo de cada pedra do val
o prescriptivismo do dicionario
dabaixo de cada pedra do val
a superficie do seu triángulo
debaixo dalgunha pedra do val
a chave
debaixo de cada pedra do val
todo fechos
debaixo de cada pedra do val
a aperta demorada da miña nai
debaixo dalgunha pedra do val
non esquecín aínda o teu aniversario
debaixo de cada pedra do val
agochei unha páxina do dicionario
debaixo de cada pedra do val
o seu perímetro fechado
debaixo dalgunha pedra do val
a miña derradeira adquisición humana
debaixo de cada pedra do val
o xenoma enteiro da contorna
debaixo de cada pedra do val
médrame coma un lique a tristura tal é a calidade do aire
debaixo dalgunha pedra do val
renuncia a mámoa ao aniversario
debaixo de cada pedra do val
o que ficou fóra do dicionario
debaixo de cada pedra do val
a circulatura do cadrado