será o espello de ópalo no que te fito, función sombra.
vai agromar pronto a vida na auga do teu seo. Deixa que procure as sementes extintas da miña cámara frigorífica.
tras o meteoro acenderanse as lámpadas nos sarcófagos e aloumiñarán cada cereal primitivo dixerido polas defuntas, empreñadas e parideiras. Para iso danzaron
embigo circunferencia embigo esfera
en Delfos.
para iso toda a éxtase inhalada nunha idade que chamaron paz. E era un olivo de interminable sangue polo campo.