d.C.

este Corpo decide en femtosegundos e derrúbase sobre sí coma a calzada dos xigantes

coa gravidade sempre á contra, este Corpo decide baleirarse, para ser libre, no cenote

este Corpo constrúe, telescopicamente, a muralla que erosiona ata alumar cada reflexo do salar

o Corpo, finalmente espido, sendo a única columna ergueita despois do templo