Din que se precisan aire e luz


e eu son a terra boca arriba
e ti fíresme -arado e bestas- cos teus sucos
para que crie no meu seo as túas verbas bocage 
(transoceánicas, artificiais, privadas e eucalípticas).
e, mentras, aínda teño azos para facer medrar, entre os empredrados e o asfalto, margaridas, dentes de león e ruda e menta, 
coas que, se me deixases, podería curarche case todos os males.