miro pola fiestra agora
dous mil kilómetros lonxe
que aquela anduriña máis eu nos recoñecemos
falamos dos mil ollos da cidade que sorrín mentres os miran coma a miña fiestra cara o oriente
das rutas dos avións que para bicar as nederlands acariñan o noso séptimo piso
do pequeño Jaap –xeonllos esfolados– a xogar no patio
das árbores sen follas arredor da cúpula sempre verde do xardín botánico
tráeme novas dos ollos vermellos no Overkant Hortus...
abro a fiestra cara o abrente agora
dous mil kilómetros lonxe
semella que o val soña con planicies e con bicicletas
que os regos envexan ribeiras de ladrillo
para que fale baixiño a corrente gaia
mais o vento zoa exactamente igual baixo as pontes e antre as pólas
...hai unha continuidade absoluta do pranto do ceo empedrado de mica, feldespato e xeixo