Respiración cadrada

Máis fausto e fermoso
coma cadáver que coma corpo.
Menos fasto. 

Unha poza da que se ergue
unha pinga, 
logo cae
e a superficie contraída
agora expándese
e respira. 

Boca arriba coma a aurora
rosada
do ventre roxo
rosada
do branco ollo.