algo animal e simple
unha aperta
un nó que se tensa desde os dous extremos
sen dialéctica que se vertebre entre algodón e liño
unha fibra vexetal
un vestixio dunha fotosíntese lograda
o reflexo do mar no id da poeta
porque tampouco é indómita
hai un desexo de fusión
co que non nace
porque só sabe ser
co que a fusión expande
asolagar cada urbe condita
coa absorción da destrución nunha miraxe de destrución
é a perfección a termo da engranaxe
sen glitch
como vai ser isto un simulacro
como non avanzar cara o infinito
unha aperta mamífera de temperatura simple
cero absoluto