Seica.
Non teño razón
non o entendín ben.
ela tampouco
nin el.
Ninguén ten razón
mais todo o mundo está errado.
E todas as interrogativas totais
e directas
dependen.
Corre o tempo na aula
e busco nos apuntamentos
-sen siloxismo, causa, efecto,
axioma, adaxio, proposición verificable-
un pertinente epitafio
que gravar en metal noble:
Na honra das vítimas e mártires,
ás rémoras suicidas que das fiestras
dos tellados do positivismo
lles levou centuria e pico
rematar de precipitarse.
Que ciencia con moitas ínfulas!
con tan pouco obxecto de estudo
ou tantos, ou tan discutidos...
Que ciencia, non...
que tantos señores,
catedráticos de peixería!
Cren que os citarán máis mil anos
como popes, San Agustíns, autoridades
por se pór a dilucidar
a que hora entran nos úteros as ánimas,
entre outras cuestións palpitantes...
Matriculeime en Teoloxía
e logo merquei un nicho.
Non sei se lle darei uso.
E se non morro?
Podo morrer?
Non morrín nunca.
Pois leva o nome que puxen no exame
entre un Cristo e unha virxe
“Res Cogitans Entrambosmares”
Seica.
Non teño razón
non o entendín ben.
ela tampouco
nin el.
Ninguén ten razón
mais todo o mundo está errado.
E todas as interrogativas totais
e directas
dependen.
Corre o tempo na aula
e busco nos apuntamentos
-sen siloxismo, causa, efecto,
axioma, adaxio, proposición verificable-
un pertinente epitafio
que gravar en metal noble:
Na honra das vítimas e mártires,
ás rémoras suicidas que das fiestras
dos tellados do positivismo
lles levou centuria e pico
rematar de precipitarse.
Que ciencia con moitas ínfulas!
con tan pouco obxecto de estudo
ou tantos, ou tan discutidos...
Que ciencia, non...
que tantos señores,
catedráticos de peixería!
Cren que os citarán máis mil anos
como popes, San Agustíns, autoridades
por se pór a dilucidar
a que hora entran nos úteros as ánimas,
entre outras cuestións palpitantes...
Matriculeime en Teoloxía
e logo merquei un nicho.
Non sei se lle darei uso.
E se non morro?
Podo morrer?
Non morrín nunca.
Pois leva o nome que puxen no exame
entre un Cristo e unha virxe
“Res Cogitans Entrambosmares”
Seica.