Non foron primeiros
camiños,
como pensara o
filósofo
a túa osamenta de
ferro: fendas
-con madeira e
ferruxe de cravos-
que, lonxe de
soster, feren
mórbida
túa musculatura
florida.
Non foi newtoniana a
factura
da túa medula de
lama.
É o que a encerra
un marfil
-recheos de bulbos
de outono ten os poros
con réuma en
floración na primavera-
tan fino…!
Tan raso atopa o
camiño a cremátistica agulla
que che
debuxa tulipáns en franxas
-prisenvlaggen
rojigualdas- e corre
coma un tren sempre
a tempo
o campo brando da
túa pel.
A meirande parte do nome
reclama espazopara o ceo que deixa.
Desde alí observei tamén
pasando veloces paisaxes
da
anatomía cóncava
val sen bágoas
fonchanco de si
mesma.
.