Para unha nova mitoloxía

Extirparon de nós
os mitos. Mais
voltaremos en negro
nas ás da anduriña.


Con coroa de alecrín
e peteiro vermello
guiaranos quen saiba
montar sen estribos.


Con amor e pedagoxía
e un ollo de vidro
ensinaranos a disparar
a querer non ter peito.


Repartirá a nai águia
o arroz en Taiwán entre os nenos
e a carne que puido arrincar
dos esqueletes-títere
de quen os tiña presos.


A pel dos seus mártires
dará para alfombras e vestidos
para coser con agullas de óso
-do seu- novos seos
fogares para orfos
roupa para as núas
mentres nadaban cos ríos.

Non será máis violenta
esta idade heroica
esta nova era de fundación
que aquela de matar a ferro
coa pruma do papel moeda
do fío invisilble e delicado
cortando gorxas voces alentos.