(Ademán afectado por parte da personaxe histriónica)
Non quero ser impopular,
exposición Zuloaga, non,
Señor Ministro de Instrucción Iública.
Amasado, cocido, comen no dende
adentro o pan. In flagrate, coas mans
na masa, nas súas mans.
Necrobiose? Suprarrealista…
Reconquista? Infrarrealista…
(Raña a cabeza o dos lentes, no guión, Doutor.)
NeutroGrisUn medio Termo medio aristotélico
Non plus ultra.(fin)
A este lado da liña,
da parte da ocracia.
dem
agoxia.
(Criado 2 tenta abrir a porta. Non o logra.)
Desculpen que camiñe amodo,
pésame moito a atmosfera… Pracer…?
O meu. Certo que así nos fatigaremos menos.
(Señor da casa manipula o candado da porta Quere abrir. Non o logra.)
Así, así romántico
Caín byroniano, humanísimo.
Ben, ben pintada
Ofelia, forma irónicamente viva.
(Srta. Rosa suspira. Transeúnte 4 simula arcadas.)
CORO: Fuenteovejuna…!
(Son moitos. Tratan de derrubar a porta.)
Ai, ai, que me magoo,
que quedo aquí,
non quero empurrar coma o resto.
Teño a chave no peto?!
______________________________
Aquí, á fin do outro lado. Alá desistiron,tapiaron a porta. (Golpes de martelo.)
En canto alviscaron un nada marcharon,
prefiren o seu “Nacemento dos desexos líquidos”,
nin paisaxes oníricas, nin refinados símbolos fálicos.
Antipopular aquí, ao porarriba
funambulista do pano de aceiro.
Onde a atmosfera se dispersa.
Alá máis. Plus ultra.