Mudareiche o nome, amor,
cando remate estas verbas.
Porque a poesía precisa da linguaxe,
mais, coma o amor, tamén é combustión.
Por iso nunca vin realmente a lúa,
só un picardías minguante,
coma un presaxio de morte.
E non falo do mar por medo
a alterar ese precario equilibrio
entre quentamento global e poetas.
Zugar del unha bagulla máis,
facer unha cabriola crómatica para os teus ollos...
Amor, levarías un libro meu a un mundo deserto?
Amor, leríalo aínda sen lúa acesa?
Mudareiche o nome, amor,
cando remate estas verbas.
cando remate estas verbas.
Porque a poesía precisa da linguaxe,
mais, coma o amor, tamén é combustión.
Por iso nunca vin realmente a lúa,
só un picardías minguante,
coma un presaxio de morte.
E non falo do mar por medo
a alterar ese precario equilibrio
entre quentamento global e poetas.
Zugar del unha bagulla máis,
facer unha cabriola crómatica para os teus ollos...
Amor, levarías un libro meu a un mundo deserto?
Amor, leríalo aínda sen lúa acesa?
Mudareiche o nome, amor,
cando remate estas verbas.