Á tardiña, as rosas de San Xoan,
olorosas, fóra dos xardíns onde colapsan
vítimas da súa propia fermosura, densa
acugulada de cabezas florecidas...
No luscofusco, as rosas de San Xoan,
eufóricas, suspirando no abrazo das silveiras,
convidando coas súas pálpebras rosadas
ao sono lánguido e sen sombras fluorescentes.