paranoia

 trouxo a primavera química unha coroa
de flores para as pálpebras da cidade de pedra
que agora me fita con ollos novos sabendo
que penso en como desfollalas

Colligo, virgo...

¿Quen, que non precise respirar aire, vai ler
todos os libros que versan sobre cosmoloxía amatoria, termodinámica dos desexos líquidos ou taxonomía de fumadores e outros arácnidos e flores
escritos por empiristas e estetas
antes da total deforestación deste mundo?

Non sei por que agardas, febreiro, para me matar.

Non sei por que agardas, febreiro, para me matar.
Xa tiveches anos para formar a estalagtita de xeo derriba de min. Xa tiveches tempo de afinar a puntería, de facerme Damocles pinga a pinga. Erras. Erras e acertas. Erras e acertas ferindo aquilo que morto me pode deixar viva.
Desta volta: invisible. Coma este inverno, de cerdeiras en flor e tulipáns con ananismo, de xerseis finos e tardes longas de sombras alongadas, alongadas... ata agora.
Febreiro coa carauta da primavera xa caída aos pés. Febreiro anunciando coa alegría, o sol, e as cores dos choqueiros que xa viña coa estalagtita máis afiada, desta volta: invisible, ata o golpe.
Hoxe tememos o seu verdadeiro nome. Só calamos e trememos pola melodía fría e treboenta que o acompaña. Quero crer, febreiro, que si cantan, es ti que cantas e si choran, es ti que choras...