Scripsi volant

esta palabra non é
un berro no baleiro
é un acto de fe

a poeta o poeto
universos unipersoais
non precisan verbas

a palabra precisa
cruzar o baleiro
atopar un oasis poboado
para selo

quen morreu cría desexaba
e sabe
que a palabra
é o eterno triunfo dos mortos
que a palabra
é un futuro infinito

Ghuserl ou a eksperienzia doksica

tomoakie sen biolenzia o berbo
debolbendoas tuas berbas e a tua ortografia
non son do teu bando nin deixo ke kon razons modies
porke tanpouco membebedo das dos teus inimigos


konstruirei entre medo e mofa o deskurso rrio dauga da miña eksperienzia doksica

148km/h

sempre camiño preto
das arañas
sei que me gardan
o sono e que teñen mandíbulas
que pasan pálpebras e pesadelos
sei que tecen un trémulo túnel
con paredes brancas e acolchadas
para que ame, conduza e fume
coma se a morte fose o nome
de cada descoñecido que pisa
tras de min polas calellas escuras
e que sen présa e sen máis me adianta