O Dubra, Bauman e as sociedades líquidas


Non é este xá un mundo seguro se para liberármonos
hai que renunciar á palabra que inaugurou a fascinación do primeiro ollar racional ao ceo,
se non nos deixan nadar na corrente tranquila da significación que nace no cumio nunca coroado da noite dos tempos]
e que percorre en meandros magníficos anos e centurias de intrahistoria muda
ecoando nas rochas é a mesma onda que as cancións que tecen as memorias dos pobos
construtores de valados con somieres vellos e pedras que xa non lles servían para nada aos castros.
Esa corrente percorre agora e antes cincelou despreocupadamente
este val que se chama só coma un dos seus moitos nomes.
E nós agora habítamolo
e bebemos da mesma auga
e comemos todos os froitos da terra que cumpridamente fixo
posible que os átomos, o soporte físico da memoria léxica que cando non medra ancorada nos cimentos vexetais da braña se perde antre os remuíños debaixo dos aveneiros,]
habiten tamén e sosteñan o equilibrio deste rañaceos -só tellado- fóra do último plan de ordenamento urbanístico: a nosa propia memoria.]


Ningún comentario:

Publicar un comentario