Imposibilidades para unificación dos nosos campos

- O líquido é o meu estado preferido da materia.

A túa profundidade: a dun espello convexo que fuxe
-exactamente-
do afondamento.
Tes que comprender, amor,
amor, si, non teñas medo,
que os fenómenos atmosféricos son
-fenomenoloxía do espírito-
cousas profundamente persoais
-sensíbeis-
antes de converterse en ciencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario