Non sei por que agardas, febreiro, para me matar.

Non sei por que agardas, febreiro, para me matar.
Xa tiveches anos para formar a estalagtita de xeo derriba de min. Xa tiveches tempo de afinar a puntería, de facerme Damocles pinga a pinga. Erras. Erras e acertas. Erras e acertas ferindo aquilo que morto me pode deixar viva.
Desta volta: invisible. Coma este inverno, de cerdeiras en flor e tulipáns con ananismo, de xerseis finos e tardes longas de sombras alongadas, alongadas... ata agora.
Febreiro coa carauta da primavera xa caída aos pés. Febreiro anunciando coa alegría, o sol, e as cores dos choqueiros que xa viña coa estalagtita máis afiada, desta volta: invisible, ata o golpe.
Hoxe tememos o seu verdadeiro nome. Só calamos e trememos pola melodía fría e treboenta que o acompaña. Quero crer, febreiro, que si cantan, es ti que cantas e si choran, es ti que choras...

Ningún comentario:

Publicar un comentario