148km/h

sempre camiño preto
das arañas
sei que me gardan
o sono e que teñen mandíbulas
que pasan pálpebras e pesadelos
sei que tecen un trémulo túnel
con paredes brancas e acolchadas
para que ame, conduza e fume
coma se a morte fose o nome
de cada descoñecido que pisa
tras de min polas calellas escuras
e que sen présa e sen máis me adianta

Ningún comentario:

Publicar un comentario