Erótica celeste

Déixame comer o óxido que manas
e que coloree os beizos con teu alento férrido,
vertical, granada de cochinillas vermellas e machucadas.
Formen filas os corpos celestes
a gardar estes buracos negros que desenbocan
en lugares mellores. Todos os aneis danzan
libres dos planetas que os tiñan presos
e circúndanse en progresión infinda porque
que hai máis sinxelo que amarnos as circunfererencias?
Déixame, muller río, morar nas túas augas,
semella que torrencial a paixón verteu en ti
cada desexo líquido en forma de choiva áceda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario