Latitude de nós

se a choiva nin me toca
e o sol non quere coserme
unha camisa nova ¿que resulta
do determismo dun entorno
que me rexeita...?

poden moverme os fíos
moi poucas palabras
porque non escoitei nunca
unha voz digna

só me pareceu ler
e sentir a onda expansiva
non
       non
              non
                     non
                            NON
dunha lexión de poetas fantasma

Ningún comentario:

Publicar un comentario