"Forse altri canterà con miglior plettro"

este é o tempo
adecuado para erística
agora podería ser que
quedasemos en palabras
e que fose o derradeiro na terra
este insecto que afogabamos
enfría o sangue dos réptiles porque
saben que serán os seguintes
en perder membros das maneiras
que nos parezan máis divertidas
logo será bo tempo para a lírica
sen presas nin predadores
viviremos á fin nunha caixa de resonancia
cubriráo todo o magno instrumento
de corda que perfeccionaron as arañas

Ningún comentario:

Publicar un comentario