Código penal do desexo

aprendín termodinámica dos corpos
coas nanas que me cantaban
compuxen sinfonías enteiras en párvulos
para transformar en desexo a lección
da xeografía de todo o que me falta

devezo polo silencio
por ser intérprete e non instrumento
desespérame a respiración coa que arrincas
acordes a rentes dos meus poros

mentres este epicureísmo entrópico
entoa baixiño un hinmo
á túa morte
demanda obsesivamente
a túa percusión
música sobre o meu corpo

Ningún comentario:

Publicar un comentario