Así escriben as arañas

son unha mosca na periferia da túa arañeira
non sei, supoño
que me mantés presa
non sei, supoño
que cheguei aquí como calígrafa
á procura do trazo máis nídeo
e da cor máis transparente
non sei, supoño
que quero ser pequena na tea
porque así hai distancia mesurable
entre o aquí e algún centro

Ningún comentario:

Publicar un comentario