4-D

quero crer que hai paisaxe
mentres camiño nunha burbulla
eterna dende Galway ata Connemara
coma un funil de pantallas acesas ao meu paso
facendo táctil e envolvente a experiencia
das mozas roibas no agro e dos mozos esbeltos
guiando carros e falando a máis bela canción

mais fóra tampouco hai campos adustos
nin cemiterios nos que namorarse da historia
e dos seus mortos hai unha continuidade
en expasión absurda do espazo-tempo negro que
fai distante calquera outra luz

Ningún comentario:

Publicar un comentario