Fogonazos azuis: revelado

3
esta carta de navegación
é un trazo finísimo
mar escuma lixo

non podo ver nin sinto
aire ilusión movemento
correndo en dirección contraria
ondas deixan atrás o navío
parecía que avanzabamos
ser axente suxeito


4
érase tan transparente sen ironía
que deveu opacidade e reflexo
coñecer paranoia espello

pareceu tanta verdade tanto tempo
que apareceu ferruxe e arañeiras
mentir pátina texto

está aí a película para o onanismo
facer arte-fluído e admirar as máculas
inxectar desexo líquido

Ningún comentario:

Publicar un comentario