A fronteira con Spiderland: anamnese

a billa vai pingando os segundos
desta madrugada. esperto
con sabor a artrópodo na boca

a noite e as baldosas mórdenme entre a cama e o baño

e péchoa
(apuntador: esta era entrada!)
coma se non fose preciso
aceptar que ao final só haberá aplauso
se a espectadora de sí
(catarse)
atopa as bágoas

Ningún comentario:

Publicar un comentario